CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Miguel Méndez: "Mentiría se non dixese que adestrar a selección era un obxectivo para min"

28/09/2021 - 23:32 h

O adestrador galego de baloncesto, Miguel Méndez, xogou onte Ao contraataque na Radio Galega para analizar o seu nomeamento como seleccionador español de baloncesto feminino.

Méndez, tricampión de Europa co Ekaterimburgo ruso, asume o reto de adestrar unha das seleccións máis laureadas de España nos últimos anos, pero mergullada nun profundo cambio xeracional.

Os principais obxectivos desta nova etapa profesional do adestrador galego sitúanse, unha vez que España non poderá estar no próximo mundial, no Campionato de Europa de 2023 e nos Xogos Olímpicos de París 2024.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.