Ao Contraataque
Eduardo Coudet: "Creo que fomos o único equipo que saíu buscar os tres puntos"
O adestrador do R. C. Celta, Eduardo Coudet, compareceu en sala de prensa despois da vitoria do seu equipo por 1 gol a 0 fronte ao Granada no encontro de peche da 7ª xornada de liga na Primeira División.
Coudet amosouse satisfeito polo traballo realizado polos seus futbolistas durante todo o encontro e sinalou que a vitoria foi un premio ao esforzo doo equipo na procura de levar a iniciativa do xogo.