Ao Contraataque
Esther Sullastres: "Mereciamos máis"
O Deportivo feminino estivo a piques de dar a badalada onte no Johan Cruyff ante o poderoso Fútbol Club Barcelona.
As herculinas caeron por 1-0 tras encaixar un gol a quince segundos do final da segunda metade da prórroga nos cuartos de final da Copa da Raíña.
A porteira Esther Sullastres xogou Ao contraataque e expresou o sentir do vestiario deportivista: "Obviamente, despois de competirlle a un Barcelona no seu campo... estamos fastidiadas. Non quero caer en tópicos e dicir que mereciamos máis, pero creo que é así. É algo que, co paso do tempo, imos valorar moito máis. É para estar moi orgullosas do que estamos facendo, non só na Liga, senón en partidos coma este".