Ao Contraataque
Renato: "Estou orgulloso do que fixen. Respectar o rival é algo que nos ensinaron dende a base no Burela"
O xogador do Burela F. S. Renato xogou onte Ao contraataque.
O prometedor xogador laranxa protagonizou o pasado sábado no derbi ante O Parrulo unha xogada onde o xogo limpo foi o protagonista. Tras realizar unha falta a un rival e non sinalar nada o colexiado, lanzou o balón fóra desaproveitando unha clara ocasión para empatar o partido:
"Estou orgulloso do que fixen. Respectar o rival é algo que nos ensinaron dende a base no Burela".