Ao Contraataque
Nolito: "A Iago Aspas hai que lle facer 3 monumentos"
O xogador andaluz do R. C. Celta, Manuel Agudo 'Nolito' xogou Ao contraataque na sintonía da Radio Galega para analizar a vitoria do equipo celeste fronte ao Xetafe por 0 goles a 3 no encontro de peche da xornada de liga na primeira división.
Nolito manifestou a súa satisfacción polo rendemento do equipo, así como polo seu individual, nun partido en que o conxunto celeste foi moi superior ao rival durante os 90 minutos de xogo.