Ao Contraataque
Camilo Álvarez, presidente do COB: "Iremos por todas porque mereciamos estar na ACB"
O Club Ourense Baloncesto acolleu con moderado optimismo a sentencia so Tribunal Supremo que ratifica a decisión do Consello Superior de Deportes de lexitimar o ascenso á ACB do equipo ourensán.
Explicaba a situación creada o presidente Camilo Álvarez en Ao contraataque: "Estamos nunha situación de cautela máxima. Estamos pendentes de abrir a sentenza e ver que podemos decidir para o futuro. Non imos quedar cos brazos cruzados. Iremos por todas porque mereciamos estar na ACB".