CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Celso Borges: "O único sentimento que quero mostrar é o do agradecemento"

23/09/2021 - 23:35 h

O costarriqueño Celso Borges xogou onte Ao contraataque na sintonía da Radio Galega para analizar a súa saída do R. C. Deportivo.

O futbolista, que militou 5 temporadas no conxunto herculino, quixo marchar agradecendo o apoio de todo o deportivismo e sinalou que confía en que o equipo poida facer un grande ano e lograr o ascenso de categoría.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.