CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Brais Méndez: "Este é un gran paso, dános moral e confianza para seguir"

22/09/2021 - 00:22 h

O RC Celta conseguiu a súa primeira vitoria da tempada. Fíxoo no Ciutat de Valencia ante o Levante (0-2). Logo dunha aburrida primeira metade, Aspas abriu o marcador. Minutos despois, Dituro parou o terceiro penalti no que vai de competición. Un penalti envolto en polémica.

Para sentenciar o partido, Brais Méndez deixou unha nova mostra de calidade.

Os celestes sumaron 3 puntos que valen ouro.

O autor dese último tanto pasaba polos micrófonos do 'Galicia en goles'. O xogador de Mos sinalaba que estes tres puntos son o inicio do camiño que lles queda por percorrer. Apuntaba tamén que "en cinco xornadas non se debe perder a ilusión" e que esta vitoria dálles "máis confianza para afrontar o que queda con máis ganas".

 

*Foto: La Liga

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.