CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Rubén Albés: "O equipo funciona. A liña é esta"

20/10/2021 - 23:15 h

O técnico de Club Deportivo Lugo, Rubén Albés, valorou de forma moi positiva a vitoria acadada polos albivermellos ante a Unión Deportiva As Palmas onte en Ao contraataque:

"Tivemos certa fortuna, pero en cada momento sabiamos quen ía ser o asasino e o detectamos. Hai que estar contentos co rendemento do equipo. Non me gusta falar de resultados, pero o equipo viña dunha dinámica moi boa. O equipo funciona. A liña é esta"

"Non me parece normal xogar 3 partidos en 6 días coas dificultades que temos para desprazarnos dende Lugo. Temos risco de lesións. En Málaga haberá trocos sen facer revolución"

"Ricard estaba facendo un bo partido, pero pola tarxeta estaba en risco de expulsión. Juanpe sumou minutos, ten que ir collendo ritmo"

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.