CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Rafa Sáez: "Espero que a Segunda RFEF sexa máis unha Segunda B que unha Terceira"

20/07/2021 - 23:33 h

O director deportivo do Arousa Rafa ez xogou onte "Ao Contraataque" para valorar a estrea do club vilagarcián na novidosa Segunda RFEF: "Nós queriamos empezar na casa. Traemos un subidón importante. A xente está enganchada. Ademais xogamos co Arenteiro que pode que sexa máis do noso nivel. Para nós é un escenario completamente novidoso. Na terceira moviamonos dun xeito determinado. Agora as circunstancias de fichaxes son moi diferentes." 

"Un pouco o que fixemos foi intentar rexuvenecer a plantilla. Espero máis unha segunda B que unha terceira. Por composición de plantillas penso que vai ser unha competición dura, de calidade, con campos onde se vai poder desfrutar do fútbol"

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.