Ao Contraataque
Carlos Canal: "A próxima temporada non seguirei no Burgos"
O ciclista ourensán Carlos Canal xogou a pasada noite Ao contraataque na sintonía da Radio Galega para analizar a temporada e o seu futuro no pelotón profesional.
Canal sinalou que para o ano 2022 non continuará formando parte da estrutura do Burgos, mais non quixo desvelar en que equipo do pelotón profesional correrá o vindeiro ano.