Ao Contraataque
Fernando Vidal: "A situación é límite. Non podemos perder o tempo"
Onte 'Ao contraataque' viviu un programa especial por mor da Xunta Xeral de Accionistas do Deportivo.
Polémica e importante Xunta en que se confirmou a saída do actual Consello de Administración e a presentación da única alternativa na actualidade, a candidatura liderada por Fernando Vidal.
Un Fernando Vidal que atendeu os medios ao remate da Xunta: "A situación é límite. Non podemos perder o tempo. Evidentemente, en Segunda B, coa proposta de acordo con ABANCA, teriamos unha seguridade que non existiría doutra forma".