Ao Contraataque
Moncho López: "O momento de volver a Galicia está cada vez máis preto"
O que foi seleccionador español de baloncesto, Moncho López, xogou onte Ao contraataque. O ferrolán, que leva xa trece anos traballando en Portugal , avaliou o inicio da Liga ACB para os equipos galegos e o nivel do Basquet Coruña contra o que xogou un amigable na xornada de onte: “Ten moi boa pinta o proxecto do Basquet Coruña. Paréceme un equipo que vai ser moi competitivo"
Así falou dos proxectos do Obradoiro e o Breogán: "O que está facendo o Obradoiro ten moito mérito, conseguindo permanecer na categoría estes anos. Estrean bastantes xogadores na Liga ACB, tantos inicios poden ser duros, pero a min gústame o equipo do Breogán"
E sobre o seu futuro, agarda volver á terra: "Xa levo moitos anos fóra de Galicia. O momento de volver cada vez está mais preto”