Ao Contraataque
Fernando Vidal: "Temos pouca marxe de erro"
Fernando Vidal foi nomeado onte novo presidente do Deportivo da Coruña tras a xunta extraordinaria de accionistas celebrada na cidade herculina.
Ao remate da mesma, o máximo mandatario deportivista valorou a situación do club: "A situación do equipo é a que é. Non podemos fallar, temos moi pouca marxe de erro. Incorporaranse xogadores nos próximos días. Os dous partidos que veñen van ser fundamentais".
Onde vai a haber moitos trocos é no cadro de xogadores neste mercado invernal, como explicou o propio Vidal: "Ten que haber saídas. O mercado de inverno é complexo, moi difícil mellorar o que temos. Virán entre 6 e 9 xogadores, ou, polo menos, é o que eu estimo. Uche está moi preto do Deportivo".