Ao Contraataque
Matías Dituro: "Teño a sensación de que este ano podemos facer grandes cousas malia o inicio irregular"
O gardameta arxentino do RC Celta, Matías Dituro, xogou Ao contraataque na sintonía da Radio Galega para analizar o comezo de temporada do equipo olívico.
O porteiro manifestou a súa confianza, malia o irregular inicio de temporada, en alcanzar obxectivos ambiciosos este ano.
Así mesmo, afirmou estar moi contento co seu regreso a Vigo e dixo que o seu cambio, con respecto á primeira etapa, foi fundamentalmente mental e non tanto físico.