Ao Contraataque
Lendoiro: "Non me vou propoñer como candidato, pero se hai unanimidade non podería dicir que non"
O ex-presidente do R. C. Deportivo pasou por 'Ao contraataque' para analizar a situación institucional do equipo herculino despois da renuncia en pleno do consello de administración. Lendoiro avogou pola unidade de todo o deportivismo e dixo non ter pensado presentar candidatura ao proceso electoral, mais non descarta poñerse a disposición do accionariado se así o estimara oportuno a maioría.