CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Nolito: "Sería un soño gañar a Copa do Rei"

11/08/2021 - 23:04 h

O céltico Nolito xogou onte Ao contraataque e valorou a temporada que comeza este próximo fin de semana: "Eu atópeme ben, moi a gusto, estou xogando e gozando. Imos coñecendo o míster, el sabe o que quere de nós e nos sabemos o que quere el. Que o míster decida, eu sigo traballando para poder xogar. Imos intentar mellorar o do ano pasado. É difícil, hai equipos que por plantel deberían estar aí tamén, pero nós imos intentar estar o máis arriba posible. Sería un soño gañar a Copa do Rei. Eu non recibín chamada do Granada. Si que me chamaron outros equipos, pero o meu obxectivo non é moverme do Celta".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.