Ao Contraataque
Dzanan Musa: "Vir a Lugo foi unha das mellores decisións da miña vida"
O xogador bosnio do Club Baloncesto Breogán, Dzanan Musa, xogou onte Ao contraataque na Radio Galega para analizar o extraordinario inicio de temporada do equipo lucense no seu regreso á liga ACB.
Musa, un dos xogadores revelación neste comezo de temporada, manifestou a súa admiración pola afección do conxunto lucense e apostou por ser ambiciosos e pensar máis alá da salvación.