Ao Contraataque
O Coruxo fai historia en Salamanca e xogará a Copa do Rei
O Coruxo F. C. fixo historia no Helmántico e derrotou o Salmantino nos penaltis, permitíndolle progresar ás semifinais da Copa Deputación e conseguir o billete para a primeira eliminatoria da Copa do Rei. Agora soñan con medirse a un Primeira no campo do Vao o 18 de decembro.
Falamos co capitán do conxunto vigués, Antón de Vicente, e o gran heroe da noite: o porteiro xuvenil Pablo Brea, quen detivo tres lanzamentos dende os once metros.