Ao Contraataque
Manu Sánchez: "A primeira volta que fixemos é excepcional"
O Deportivo feminino remataba onte a primeira volta da súa primeira temporada na máxima categoría do fútbol nacional.
As herculinas empataban en Valencia nun punto que soubo a pouco ao adestrador Manu Sánchez que onte xogaba 'Ao contraataque': "Estou amolado polas nosas xogadoras, adestráronse o 31 e o 1, fixeron un traballo espectacular, moitísimas ocasións. É un empate máis agre que doce. Merecemos máis".
O Dépor remata na cuarta posición a primeira volta da competición, impensable ao inicio de temporada como declaraba o técnico herculino: "24 puntos tiña o último equipo que descendeu a temporada pasada. A primeira volta que fixemos é para estar máis que orgullosos. É excepcional".