Ao Contraataque
Vero Boquete, na mesa de debate de 'Ao contraataque'
Vero Boquete xogou onte Ao contraataque. A futbolista aproveitou a parada vacacional da liga norteamericana para retornar a Galicia e visitar os estudios da Radio Galega en San Marcos.
A santiaguesa loou a temporada que está realizando o Deportivo Abanca, tamén se referiu a hipotética creación dun equipo feminino por parte do Celta e defendeu a postura das xogadoras da liga Iberdrola de convocar a folga na loita pola defensa dos seus dereitos.