CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Pepe Casal: "O agradecemento de Gasol é o mellor recoñecemento á miña traxectoria deportiva"

05/10/2021 - 23:03 h

O preparador galego Pepe Casal xogou Ao contraataque na Radio Galega para analizar a traxectoria deportiva de Pau Gasol. O xogador catalán anunciaba onte a súa despedida do baloncesto profesional e facíao tendo presente a Pepe Casal como primeira figura dos seus agradecementos.

Casal recoñeceu que a súa traxectoria profesional ten un antes e un despois de Pau Gasol e manifestou o seu orgullo e agradecemento polas palabras do xogador catalán na súa despedida do mundo profesional.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.