CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Rodrigo Corrales: "Estes Xogos a nivel galego están sendo moi especiais. Oxalá poida levar outra medalla a Cangas"

03/08/2021 - 23:35 h

O porteiro cangués da selección española de balonmán, Rodrigo Corrales, xogou onte Ao contraataque desde Tokyo tras acadar o pase a semifinais dos Xogos Olímpicos: "Hai a posibilidade de estar na loita polas medallas. O partido parecía que estaba perdido e conseguimos sacalo adiante. Iso fala moi ben do compromiso que ten o equipo".

E así falaba sobre a boa actuación galega en Tokyo: "Tere xa conseguiu esa medalla, Iván asegurouna. Oxalá Rodrigo Germade e eu poidamos conseguila tamén. Creo que nestes Xogos, a nivel galego, rompemos récord de representantes, batemos marcas, van ser moi especiais. Estar loitando ata o final nunha competición coma esta déixanos a todos con moi bo sabor de boca".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.