A Tarde
"As persoas maiores teñen unhas ganas xigantescas de aprender sobre informática"
A continua informatización dos servizos de saúde ou bancarios obrígannos a non baixar a garda sobre as nosas competencias dixitais. Tamén os nosos maiores se manexan nese eido, aínda que pensemos que non. Falamos con Patricia Álvarez Iglesias, formadora en ATEGAL (Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos), para coñecer as habilidades informáticas das persoas máis maiores.
“O que máis demandan é a mensaxería instantánea ou as videochamadas. Failles moita graza ver na pantalla ver persoas que están lonxe”