CRTVG

Buscar

A Tarde

Alberto Menéndez: "Turismo e sostible é complicado de casar, pero podemos viaxar mellor"

31/05/2021 - 16:21 h

O blogueiro coruñés de viaxes Alberto Menéndez realizou un documental sobre como viaxar logo da pandemia. Un traballo feito en colaboración con Sergio Otegui. 

"O turista leva impresa a marca de non sostibilidade"

A peza audiovisual titúlase 'Bienviajados'. Trátase dunha reflexión sobre as consecuencias que a pandemia tivo nas viaxes. E sobre a oportunidade que pode dar esta situación para reformular o modelo. 

"Queriamos amosar á xente que viaxa que hai alternativas"

O documental recolle as declaracións duns vinte entrevistados. Profesionais do sector, investigadores, empresarios e autoridades turísticas dan as súas impresións. 

"Coa nosa maneira de viaxar temos que axudar ao mundo"

Conversamos con Alberto Menéndez, avogado e apaixonado das viaxes. Está moi comprometido coa ecoloxía e o medio ambiente. É o impulsor de proxectos como 'la basura no da likes'.

 

Revista de información e entretemento