A Tarde
Andrea Pousa: "Debiámoslle esta segunda parte á Ribeira Sacra"
A compañía galega de espectáculos musicais e eventos Queiman e Pousan ultima a creación de varios traballos audiovisuais relacionados coa Ribeira Sacra. O proxecto componse dun vídeo musical, un documental e tamén un making off do gravado.
Significa a continuidade dun proxecto iniciado xa no 2018. Daquela a peza centrábase no lado escuro desta zona do interior galego.
"Hai 30 anos a Ribeira Sacra estaba abandonada. A xente non cría nesa riqueza que estaba agochada", comenta Andrea Pousa.
Conversamos coa artista tomiñesa, que é unha das patas de Queiman e Pousa. Ademais, Andrea ten diversos proxectos persoais. A próxima semana estreará o primeiro sinxelo dun novo traballo que conta con que saia a finais de ano. 'Axendados' é o primeiro tema dunha triloxía meiga.
"Este disco é totalmente diferente ao anterior. Estou expectante"