A Tarde
Coñecemos a empresas galegas que venden a través de Amazon
A pandemia freou en seco a centos de comercios locais que, ante os peches e confinamentos, non eran capaces de dar saída ós seus produtos. O mundo en liña salvounos a moitos, podendo vender a distancia.
Amazon erixiuse como unha das plataformas favoritas para os comerciantes, xa que permite chegar a máis consumidores ca con unha páxina web propia. Convidamos a Eduardo Represas, fabricante de gaitas, e Raquel G. Osende, escritora, para que nos conten a súa experiencia co xigante do ecommerce.