A Tarde
A viaxe culinaria de Kukinhas
A autora Elisa Casal publica A viaxe culinaria de Kukinhas: A volta ao mundo en 50 receitas
Elisa Casal, a autora do coñecido blog kukinhas.com, guíanos por unha fascinante viaxe gastronómica arredor do mundo con receitas doadas de facer, onde cada ingrediente e cada prato conta unha pequena historia sobre outros xeitos de entender a cociña.