A Tarde
Marcos Pardo estrea no programa 'A tarde' o tema 'Galicia, miña terra'
Marcos Pardo presenta o seu primeiro disco. Trátase dun traballo que consta de once temas que están dispoñibles nas plataformas dixitais. O autor anuncia que están traballando na saída do formato físico.
Á par ca o seu primeiro disco, Marcos estreou no programa 'A tarde' o tema 'Galicia, miña terra'. Afirma que tiña moita gana de publicar algo emotivo sobre Galicia.
O artista foi concursante dos Recantos do programa 'Luar' na temporada 2015/2016. Ademais tamén escribe e está a piques de publicar a súa terceira novela.