A Tarde
A 'influencer' galega Amanda Chic publica un libro sobre o amor propio
A viguesa Amanda Chic, influencer de moda con máis de 310.000 seguidores en Instagram, presenta o seu primeiro libro, La pequeña historia para amar(te). Nel conta a súa historia de superación desde pequeniña, cando sufría bullying no colexio e trastornos de saúde, ata a actualidade, en que se converteu nunha comunicadora de éxito.
Convidámola ao programa para falar de autoestima, amor propio e empoderamento feminino, entre outras moitas cousas e experiencias vitais.