CRTVG

Buscar

A Tarde

José Anta: "Vai amodo, pero estamos cambiando a maneira de facer as cidades"

29/04/2021 - 17:18 h

A Universidade da Coruña forma parte dun estudo europeo para a análise do saneamento urbano. O proxecto está coordinado por José Anta, profesor da UDC na Escola de Camiños.  

"Sempre nos lembramos do saneamento cando falla"

O profesor destaca a importancia dun bo saneamento urbano. "Podemos evitar problemas de saúde pública, inundacións, aproveitar a auga que cae, etc.".

Na Escola de Camiños contan cun simulador de choiva e tamén cunha canle alimentada con auga residual. Esta infraestrutura axúdalles no seu traballo. Analizan o proceso que leva a auga dende que cae nas rúas. 

"Un dos problemas da rede de saneamento é o seu avellantamento"

Anta recoñece que o investimento en saneamento ten que ser moi prolongado no tempo. Apunta que cada vez se está traballando máis no camiño cara a unha drenaxe sostible. Un método que colle moitas características da drenaxe natural. 

 

Revista de información e entretemento