A Tarde
Afonso Becerra publicará en maio o primeiro libro sobre a historia da danza en Galicia
Este xoves conmemórase o Día Internacional da Danza. Unha das persoas que máis sabe sobre danza en Galicia é Afonso Becerra. Leva moitos anos escribindo sobre danza e en maio publicará o primeiro libro sobre a historia desta arte en Galicia.
"O movemento rítmico é liberador e saudable"
Afonso reivindica a necesidade da danza nun sistema cultural. Afirma que están estudadas as emocións que se contaxian a través da danza.
"A loita da vida lévase mellor cando as artes nos liberan"
O escritor pon en valor tamén a danza contemporánea. Afirma que non esta codificada; a diferenza dos bailes de salón ou da muiñeira. “A dureza, a insensabilidade, a comenencia,... son importantes porque temos que gañar a vida. A vida é unha loita, pero esa loita lévase mellor cando as artes nos liberan de todo iso ordinario”, sentencia.