CRTVG

Buscar

A Tarde

O plan de desescalada aplicado á lingua: premiadas por desconfinar o galego

29/03/2021 - 18:05 h

O instituto Blanco Amor de Culleredo gañou un dos Premios Mil Primaveras organizados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística. 

Xosé Manuel Vidal: "O galego sempre anda coa máscara posta"

O centro escolar recibiu o galardón na categoría de proxecto máis innovador. A iniciativa foi creada o ano pasado polo profesor Xosé Manuel Vidal. Aproveitando o plan de desescalada da pandemia realizado polo Goberno, aproveitou para adaptalo a situación do galego. 

Raúl Villares desprazouse ata Culleredo para conversar co profesor e con tres alumnas do centro: Adriana, Noelia e María

Revista de información e entretemento