A Tarde
Unicef Galicia loita contra a violencia de xénero en Uganda: "1 de cada 2 mulleres casa antes dos 18 anos"
No campamento de refuxiados de Bidi-Bidi, en Uganda, están acollidas 51.232 persoas, das cales o 85 % son mulleres e crianzas. A poboación feminina e a infantil é a que maior desprotección sofre, unha situación que Unicef Galicia pretende aliviar con plans contra a violencia de xénero ou a vulnerabilidade.
Convidamos a Irene Marín, coordinadora do comité galego de Unicef, para que nos achegue á situación do país africano e para que nos explique en que consiste o proxecto que están levando a cabo alí.