CRTVG

Buscar

A Tarde

Alberto Ruano: "A medición do radon ten que cumprir o que di a a lei"

28/07/2020 - 16:30 h

Son varios os concellos galegos que realizan medicións da inicidencia do gas radon. Un ano despois de que Galicia presentara uns datos que a colocaban como a comunidade referencia na medición do radon en España, queremos coñecer cal é a situación actual.

No programa A tarde conversamos con Alberto Ruano, profesor do Departamento de Medicina Preventiva da USC e codirector do Laboratorio do Radon en Galicia. "É un canceríxeno humano declarado dende fai 30 anos", afirma.

Unimos a conversa a dous concellos sensibilizados nesta causa. Conversamos con Óscar Gonfar, que é arquitecto municipal en Maside. Neste concello ourensán e noutros da contorna están en plena análise. Ademais falamos con Uxía Lemus, concelleira de Urbanismo e Sostibilidade de Teo sobre o traballo deste concello da comarca de Santiago.

Revista de información e entretemento