CRTVG

Buscar

A Tarde

Bruno Cardeñosa: "Todo é máis difícil con esclerose múltiple, pero pódese facer"

28/05/2021 - 18:08 h

O xornalista galego Bruno Cardeñosa acaba de publicar o libro 'La vida se torció'. Na publicación relata a súa experiencia persoal coa esclerose múltiple. Diagnosticáronlle esta doenza hai uns cinco anos. 

"A enfermidade descóbreche que aguantamos moito máis do que cremos"

Trátase dunha crónica de superación sobre esta enfermidade. "Fun consciente de que me cambiara a vida no momento en que me din o diagnóstico. Non pensas no día de mañá, pensas no segundo que vén", salienta. 

"Non é unha enfermidade dos ósos, senón das neuronas"

Este domingo é o Día da Esclerose Múltiple, unha enfermidade crónica do sistema nervioso central que de momento non ten cura. É unha das doenzas neurolóxicas máis comúns entre as persoas de entre vinte e corenta anos. 

"Aínda non se sabe cal é a orixe da enfermidade, pero comezou a conta atrás da cura"

A esclerose múltiple tamén é coñecida como a enfermidade das mil caras. Preséntase en diferentes síntomas en cada persoa. Esta circunstancia dificulta o seu diagnóstico. 

 

 

Revista de información e entretemento