CRTVG

Buscar

A Tarde

Noelia Rocha: "Os animais teñen máis carencias ca o maltrato e o abandono"

28/04/2021 - 17:05 h

O banco de alimentos de animais en Lugo pide doazóns urxentes. Actualmente colaboran seis voluntarios na xestión cos demandantes. Afirman que as solicitudes aumentaron coa pandemia. 

Ruth Lodeiro visitou o seu almacén e conversou con Noelia Rocha, presidenta de Ayuda Alimentaria Animalista. 

"Os demandantes queren que os animais teñan unha vida digna"

Agora mesmo contan con pouco máis de mil quilos de reservas en penso. Noelia Rocha apunta que son máis de seiscentas as bocas que comen e que as previsións non chegarían a quince días. 

Reclama máis axudas das institucións. Fai un chamamento aos concellos da contorna para que se entreguen co seu traballo.

 

Revista de información e entretemento