A Tarde
De vivendas ruinosas a casas rurais
No noso país temos unha chea de casas caídas ao longo do noso territorio, como por exemplo, no Ribeiro. Por outro lado, a demanda de aloxamentos turísticos en Galicia, mesmo en lugares afastados, cada vez é maior. Carlota Eiros é arquitecta e estudou moito sobre recuperación do patrimonio arquitectónico tradicional e tamén, como emprendedora, puxo na práctica as súas ideas e ten varias vivendas rehabilitadas na zona de Rinlo. Por isto, n'A Tarde interesámonos pola súa experiencia e falamos con ela sobre as posibilidades que existen en Galicia nesta vía de emprendemento.