A Tarde
'O Camiño aguárdate' quere poñer en valor o Camiño Portugués da Costa
O Concello da Guarda puxo en marcha o proxecto 'O Camiño aguárdate'. Xornadas divulgativas, medioambientais ou visitas teatralizadas das que falamos coa concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes.
"O obxectivo é unir e implicar a sociedade guardesa na importancia que ten na Guarda o Camiño Portugués da Costa", sinala.