CRTVG

Buscar

A Tarde

Un emotivo reencontro con Shrek, un canciño que botou dez anos perdido en Verín

27/09/2022 - 15:18 h

Na parroquia de Mandín (Verín) todo o mundo viu algunha vez un can negro que vagaba polos camiños. Non deixaba que ninguén se achegara a el, pero caeu enfermo e aí si que puido intervir Pro Animales Verín. A protectora descubriu que o can tiña chip, así que puido poñerse en contacto coa familia, que vive en Portugal, e propiciar o reencontro. 

Veves Gascón, da protectora, relatounos a historia; e Flor Costoya, veterinaria da clínica Peluxa (Pontevedra), contounos se verdadeiramente os cadeliños teñen memoria.

 

Revista de información e entretemento