CRTVG

Buscar

A Tarde

María do Ceo: "Tiña moita gana de facer un himno para empuxar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade"

27/09/2019 - 16:22 h

A cantante portuguesa e galega está a gravar un himno á Ribeira Sacra. Acompañado dun videoclip que a está levando polos 21 concellos da comarca. "Para que non haxa ciumes haberá imaxes de todos. Non son as típicas imaxes que todos coñecemos. Outras cousas que hai nas vilas. Esta semana estivemos en Bóveda nun muíño que estaba moendo para a xente do pobo", destacou María que afirma que "debería estar lista para finais de outubro". Antes escoitamos algúns dos seus versos na súa voz a través das ondas. 

Revista de información e entretemento