CRTVG

Buscar

A Tarde

A música electrónica dende Berlín co galego Xabier Baz

27/08/2020 - 17:08 h

Xabier Baz é compositor, produtor e picadiscos. Un galego que leva sete anos asentado en Berlín. Faise chamar artisticamente como Suburbial. Actuou nalgúns dos clubs máis lexendarios de música electrónica da capital alemá. 

Conversamos con el sobre a súa experiencia e o seu proxecto musical. Na actualidade tamén dá clases de español algo que lle axuda no seu proxecto artístico porque "se me enfoco soamente na música a miña arte non se inspira tanto". "Aínda que estraño moitas cousas de Galicia, agora mesmo este é o meu lugar", salienta. 

Revista de información e entretemento