CRTVG

Buscar

A Tarde

Jaime Rodríguez comercializa deterxente ecolóxico feito co aceite das follas de eucalipto

27/04/2021 - 18:05 h

Jaime Rodríguez levaba uns vinte anos coa idea de crear algo relacionado co aceite da folla de eucalipto. Atopouse con diversos impedimentos para levar o seu obxectivo a cabo. Xunto cun enxeñeiro químico foron a Cataluña facer a formulación do deterxente Eucagreen

"Explicarlle á xente que queres sacar o aceite das follas de eucalipto non é fácil"

Logo atoparon a posibilidade de fabricalo na empresa Zorka do Porriño. A marca porriñesa encaixouna dentro da súa liña ecolóxica. 

"Podes lavar a roupa e co residuo regar o céspede"

O deterxente está dispoñible en diversas tendas ecolóxicas en varios puntos do Estado. A teima de Jaime é chegar aos grandes consumidores. 

"Cústanos entrar nas grandes superficies"

Revista de información e entretemento