A Tarde
O Jazz de Ría busca lembranzas sobre o antigo Salón da Ribeira, en Neda
Cando o equipo do Festival Jazz de Ría escolleu as localizacións dos concertos aínda non sabía que a carón dun deses lugares existira antigamente un salón de bailes. Agora buscan informantes que axuden a recuperar as historias do Salón da Ribeira, que funcionou en Neda a finais do século XIX e inicios do XX. Ao tempo, prepáranse para escoitar os ritmos do gypsy swing da banda Aló Django, que soarán nese lugar o vindeiro 14 de agosto.