CRTVG

Buscar

A Tarde

Andrés Suárez: "Non é verdade que a cultura volveu"

25/09/2020 - 16:19 h

Andrés Suárez pecha este venres o ciclo musical Solpores do Lagoeiro no lugar do Vilar na Estrada. A Casa do Lagoeiro apostou este verán por un ciclo de música e humor en directo. O artista ferrolán será a última actuación que enmarca dentro da xira de presentación do seu último traballo discográfico. 

Conversamos co cantante sobre o concerto deste venres e sobre como lle foi o verán. Admite que "son un privilexiado absoluto" por todas as datas que tivo. Mentres, lamenta que aínda non ten traballo para compañeiros seus. 

"Queremos loitar pola música en directo"

Revista de información e entretemento