A Tarde
Os True Mountains proban o 'Electroshocking' para retomar a conexión co público
O grupo mariñao True Mountains recupera a xira do seu último disco, 'Electroshocking', e lévao aos escenarios do Morriña Fest e do Resurrection Fest esta fin de semana. Neste traballo, presentado xusto antes da pandemia, proban un novo son nun formato de 'power trío' logo de dous álbums en acústico.
Iván Pérez, cantante e guitarrista, explica ese proceso de cambio, onde non renuncian á súa esencia.