CRTVG

Buscar

A Tarde

Inés Blanco: "Aínda que non se escoite, en Apart xa estamos satisfeitos ao facer a música"

25/05/2021 - 16:41 h

A banda carballesa Apart camiña cara á publicación dun disco dando a coñecer diversos sinxelos. 'We want it all' é o último tema que sacaran. Será a canción que lle dea nome ao traballo completo.

"Decidimos que a música era importante para nós"

"Sairá a final de ano", afirma Inés Blanco, vocalista do grupo. A cantante afirma que pasaron por diversos estados. Ademais a pandemia causou paradas en que non podían nin ensaiar. "Aprendemos que cando se pode facer algo, hai que facelo", comenta. 

Inés recoñece que o grupo está moi unido pola música. "A amizade é un compoñente moi importante pero, sobre todo, o valor que lle damos á música", sinala. 

A vocalista tamén é a encargada das letras. Cada unha trata aspectos diferentes. Di que algunhas cancións xurdiron simplemente e outras foron xa querendo transmitir algo. Vulnerabilidade, amor ou ambicións son algunhas das temáticas. 

"As opcións de concretar datas para os directos son complicadas"

Apart está pendente dos directos. Polo momento teñen unha data pechada. O 26 de xuño estarán no Orballo Cultural en Carnota acompañando a M-Clan.

 

Revista de información e entretemento