A Tarde
Katia Hueso: "As escolas na natureza son elitistas porque non lles queda outra"
A bióloga Katia Hueso publica o libro 'Educar en la naturaleza'. A autora está especializada en temas de protección da paisaxe e de espazos naturais.
"Ata aquí non sentimos un límite á nosa necesidade de recursos"
"Pouco a pouco estamos entendendo que non podemos seguir a este ritmo", destaca Katia. Salienta que o planeta non necesita humanos xa que existiu moito máis tempo sen persoas ca con elas.
"O xogo libre é máis importante e urxente ca nunca"
Katia Hueso comenta que hai moitas estratexias para cambiar o mundo. No seu caso propón a educación porque a ve un camiño útil pola súa transcendencia.
"Os resultados dos cambios en educación non se ven pasadomañá"
Creou Saltamontes, a primeira escola infantil ao aire libre de España, "en termos modernos", como ela mesma especifica. Apunta a que "non nos queremos apartar do sistema e máis o sistema que non nos deixa entrar. A normativa tamén pode cambiar e facerse máis flexible", reclama.