CRTVG

Buscar

A Tarde

A vontade dos veciños de Piñeiro impide a corta de carballos en Ames

25/03/2021 - 18:05 h

Unha mala interpretación dunha norma case acaba cun importante patrimonio natural na parroquia de Piñeiro do concello de Ames. Situada no Val da Maía, preto xa do Val do Dubra. 

Manuel Lens, concelleiro de Ames: "Sorprendinme da respota da veciñanza"

Unha vivenda da parroquia denunciara había un tempo que tiña uns eucaliptos moi próximos á casa. Determinaron que había unha serie de masa árborea que había que cortar. Os veciños entenderon que tiñan que cortar todo

Javi Antelo: "Notamos que hai un grupo de xente nova que se mobiliza pola súa contorna"

Javi Antelo soubo que a corta ía ser masiva. Realizou un vídeo que difundiu a través das redes sociais. Lograron parar a corta e fixeron unha xuntanza. Explicaron o que marcaba a normativa para cortar. As frondosas non estaban na lista de corta obrigatoria e, a partir de aí, puideron convencer os propietarios. 

Conversamos con Javi Antelo, traballador do sector audiovisual e veciño da parroquia; Manuel Lens, concelleiro en Ames; Marcos, presidente da Asociación de Veciños de Piñeiro, e con Columba e Óscar Aldonza.

Revista de información e entretemento