CRTVG

Buscar

A Tarde

Darío Villanueva: "Nunca podería ser político porque tendo a darlle a razón a quen a teña"

24/08/2020 - 16:11 h

Darío Villanueva xubílase o último día deste mes de agosto. Non obstante, continuará como profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela.

"Seguirei impartindo cursos de posgrao, dirixindo teses..., non hai unha fenda como tal", afirma o que fora presidente da Real Academia Española e tamén reitor da Universidade de Santiago de Compostela. 

Conversamos con el sobre a súa traxectoria e escoitamos algunhas das cancións que marcaron a súa vida.

"Dos postos de dirección quedo co de reitor da Universidade. As eivas resólvense mellor no conxunto. Hai compensación de forzas", salienta. 

Revista de información e entretemento